Agestic leva as tecnoloxías ás emprendedoras
As empresarias galegas colócanse sete puntos por baixo dos empresarios de sexo masculino no uso das novas tecnoloxías, a pesar de que "o 55,5% das empresas están creadas por mulleres", destacou onte en Vigo o presidente da Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías da Información e Comunicación, José María López, quen inaugurou unha xornada do proxecto "Nin máis nin menos", para a incorporación das traballadoras á sociedade da información, e asegurou que as galegas teñen "gran capacidade de emprendemento" pois máis da metade das empresas novas créanas mulleres, segundo datos de 2006.
- Inicie sesión para enviar comentarios



Ni más Ni menos: Mejor proyecto de entidad no lucrativa destinado a ciudadanos